Aprobado inicialmente mediante o Acordo do Pleno, do 6 de novembro de 2024, a modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Laza, xunto con todos os documentos integrantes do expediente, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no xornal de maior difusión da provincia.
Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Este acordo determina a suspensión automática do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición nas áreas afectadas naqueles ámbitos en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, de acordo co número 4 do artigo 86 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG). A dita suspensión, con efectos desde a publicación oficial do acordo, terá unha duración máxima de dous anos e non afectará os supostos previstos no artigo 86.3 do RLSG, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento (artigo 47.2 da LSG).
A documentación do expediente sometido a información pública poderá consultarse presencialmente na casa do concello co seguinte horario: consulta cos funcionarios municipais de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
As alegacións poderán presentarse mediante calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Laza, 7 de novembro de 2024
José Ramón Barreal Novo
Alcalde
