De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 12 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Escoiras (IN408A/2020/018) e se cancela unha garantía económica depositada por Adelanta Corporación, S.A. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.
Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan.
A dita Resolución do 12 de novembro de 2024 dispón o seguinte:
1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Escoiras, sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo), tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.4.2024.
2. Arquivar o expediente do parque eólico Escoiras, sito nos concellos de Muras e Ourol (Lugo), promovido pola sociedade Adelanta Corporación, S.A.
3. Cancelar as garantías económicas depositadas na Caixa Xeral de Depósitos, o 10.6.2020, por importe de 896.000,00 € e número de rexistro 2020/90/567, e o 5.4.2023, por importe de 840.000,00 € e número de rexistro 2023/90/514, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Escoiras.
Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:
1. O 6.2.2020, Adelanta Corporación, S.A. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e das súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Escoiras (expediente IN408A 2020/18), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
2. O 10.6.2020 Adelanta Corporación, S.A. depositou unha garantía económica, por importe de 896.000,00 € e número de rexistro 2020/90/567, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Escoiras.
3. O 25.3.2022, a promotora solicitou unha modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Escoiras, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 30.5.2022.
4. Polo Acordo do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Escoiras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A/2020/018). A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 13.12.2022 (DOG núm. 1235).
5. O 5.4.2023, Aurela Eólica, S.L. presentou unha nova garantía económica, por importe de 840.000,00 € e número de rexistro 2023/90/514, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Escoiras, coa intención de solicitar o cambio de titularidade do expediente administrativo, que pasaría a ser Aurela Eólica, S.L. en lugar de Adelanta Corporación, S.A.
6. O 18.4.2024, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Escoiras, que fixo pública mediante o Anuncio do 19 de abril de 2024 (DOG núm. 86, do 2 de maio).
7. O 10.5.2024, Adelanta Corporación, S.A. solicitou a devolución das garantías económicas depositadas na Caixa Xeral de Depósitos o 10.6.2020, por importe de 896.000,00 € e número de rexistro 2020/90/567, e o 5.4.2023, por importe de 840.000,00 € e número de rexistro 2023/90/514.
8. O 5.11.2024, Adelanta Corporación, S.A. comunicou a súa desistencia á tramitación da autorización administrativa e de construción e do proxecto de interese autonómico para o parque eólico Escoiras (expediente IN408A/2020/018), tras a emisión da declaración de impacto ambiental desfavorable.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
