DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se declara como zona de seguridade para os efectos cinexéticos os terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade no concello de Vigo.

De conformidade co establecido na Lei 13/2023, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2024), no Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG núm. 214, do 6 de novembro), e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e vista a proposta do Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra,

RESOLVO:

Aprobar a declaración, como zona de seguridade para os efectos cinexéticos, dos terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade no concello de Vigo.

A dita zona quedará delimitada de acordo coa descrición que se indica mediante as coordenadas UTM que figuran nas táboas seguintes e no plano do anexo.

– Polo norte: predios particulares.

Punto

Datum

Coordenada X

Coordenada Y

1

29T

525.109,63

4.670.386,63

2

29T

525.266,39

4.670.210,06

3

29T

525.178,29

4.670.133,05

4

29T

525.286,24

4.669.944,93

5

29T

525.317,73

4.669.989,34

6

29T

525.385,06

4.669.919,14

7

29T

525.386,52

4.669.985,10

8

29T

525.466,96

4.670.057,07

9

29T

525.444,73

4.670.137,50

10

29T

525.441,56

4.670.230,64

11

29T

525.785,52

4.670.289,90

– Polo leste: monte da parroquia de Bembrive.

Punto

Datum

Coordenada X

Coordenada Y

11

29T

525.785,52

4.670.289,90

12

29T

526.025,63

4.669.113,95

– Polo sur: monte das parroquias de Zamáns e Valadares.

Punto

Datum

Coordenada X

Coordenada Y

12

29T

526.025,63

4.669.113,95

13

29T

525.857,62

4.669.120,56

14

29T

525.705,04

4.668.983,16

15

29T

525.597,22

4.668.941,35

16

29T

525.249,56

4.668.762,29

– Polo oeste: monte das parroquias de Valadares e predios particulares.

Punto

Datum

Coordenada X

Coordenada Y

16

29T

525.249,56

4.668.762,29

17

29T

525.258,30

4.668.774,99

18

29T

525.066,21

4.668.905,96

19

29T

525.154,31

4.668.948,83

20

29T

525.069,10

4.669.323,82

21

29T

525.119,90

4.669.471,99

22

29T

525.124,14

4.669.808,54

23

29T

525.052,17

4.669.842,41

24

29T

525.069,15

4.670.035,03

25

29T

525.131,06

4.670.046,93

1

29T

525.109,63

4.670.386,63

Os datos de superficie e os límites descritos non presupoñen dereito de propiedade en ningún caso. Non poderán ser utilizados como proba documental polas persoas interesadas que acudan á vía xurisdicional civil para dirimir conflitos da propiedade.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 21 de novembro de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

missing image file
missing image file