DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convoca aos interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS VAA708 CTC Gonda, no concello de Gondomar.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS VAA708 CTC Gonda, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 14 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/191-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS VAA708 CTC Gonda.

Concello: Gondomar.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36041A043001970000OK

Pedra Morgadáns

Roberto Alonso González Olga Alonso González

8 de xaneiro de 2025

12.00

2

3020805NG2632S0001EH

Pedra Morgadáns

Descoñecido

8 de xaneiro de 2025

12.00