A captación S-3, situada no lugar de Folgoso, Ábedes, no termo municipal de Verín, coas coordenadas ETRS89 fuso 29; X: 632. 21283 e Y: 4.644.113, obtén, mediante resolución da entón Consellería de Economía, Industria e Innovación, a ampliación da condición de auga mineral natural, o 16 de xuño de 2023, e publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 123, do 29 de xuño.
A captación S-7, situada no lugar denominado Val de Lebres, no termo municipal de Verín, coas coordenadas ETRS89 fuso 29; X: 632084 e Y: 4645139, obtén, mediante resolución da entón Consellería de Economía, Emprego e Industria, a ampliación da condición de auga mineral natural o 9 de outubro de 2018 e publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 118, do 24 de xuño.
En conformidade co punto 1. Nacionais b) 3º do artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, no relativo a augas nacionais, este Departamento Territorial de Ourense fai público que a sociedade Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U., co NIF B36849255, solicitou a modificación da autorización de aproveitamento das augas minerais naturais procedentes da sondaxe denominada Sousas II S-1 por incorporación das captacións S-3 e S-7, sitas no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a citada solicitude coa documentación que se achega poderá examinarse no portal da Consellería de Economía e Industria:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras
Ourense, 21 de novembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
