Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio ANXEF3KM//89-5-2 e RC na LMTA FRI808, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 14 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/106-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio ANXEF3KM//89-5-2 e RC na LMTA FRI808.
Concello: A Cañiza.
|
Predio |
Refª catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36009B512010900000FJ |
As Leiras |
Descoñecido |
30 de xaneiro de 2025 |
12.00 |
