DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 12 de novembro de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello da Veiga, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/086-3).

Mediante a Resolución do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, ás instalacións eléctricas no concello da Veiga (expediente IN407A 2024/086-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de novembro de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2024/086-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA SAG703 no treito entre os apoios nº 177 e nº 186.

Termo municipal: lugar da Meda, concello da Veiga.

Predios

Propietarios

Referencia catastral

Afección apoio

Lugar

Cultivo

Superficie ocupada (m2)

2

Pena da Asgue

Monte baixo

Descoñecido

32084A048004130000RW

178

2

3

O Porto

Monte baixo

Descoñecido

32084A048002370000RK

179

2

5

Traslaira

Prado

Ángela Jares Vega

32084A045004150000RZ

181

2

5/1

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido

32084A045004140000RS

182

1

6

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido

32084A045004240000RY

182

1

7

Traslaira

Monte baixo

Descoñecido

32084A045004380000RD

183

2

8

O Santo

Monte baixo

Descoñecido

32084A045005430000RS

184

2