DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración por expediente de expropiación, no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2022/89-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CDR804-Apoio AUS3P5XI//139-16, no concello de San Sadurniño (expediente IN407A 2022/89-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data da ocupación

1

Predio 648. Polígono 502

Mª Pilar Fortúnez Cabada

Xa realizada