DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63160

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 26 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

1T/24

Carola

Gómez Rodríguez

***7274**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Ecoloxía

Bioloxía Funcional

Santiago de Compostela

C02009

16T/24

Juan Antonio

Corrales Ramón

***0166**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Lugo

C02024

17T/24

Ignacio

Rañó Noal

***2605**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Lugo

C02025

27T/24

Sulay Amparo

Tovar Carro

***3044**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Fisioloxía

Fisioloxía

Santiago de Compostela

C02035

33T/24

Carme

López Calderón

***1010**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Historia da Arte

Historia da Arte

Santiago de Compostela

C02041

34T/24

Pedro

de Llano Neira

***1256**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Historia da Arte

Historia da Arte

Santiago de Compostela

C02042