DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63158

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2024 pola que se nomea funcionario de carreira da escala técnica superior (subescala equipamentos informáticos e electrónicos), subgrupo A1, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza da escala técnica superior (subescala equipamentos informáticos e electrónicos), subgrupo A1, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución de 14 de setembro de 2023 (DOG do 22 de setembro).

Verificada a concorrencia no aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionario de carreira, da escala técnica superior (subescala equipamentos informáticos e electrónicos), subgrupo A1, da Universidade da Coruña, o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionario de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 20 de novembro de 2024

Mª Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala técnica de grao superior (subescala equipamentos informáticos e electrónicos), subgrupo A1

DNI

Apelidos e nome

Fase oposición

Fase concurso

Total

***6772**

Fernández Sánchez, Alberto

54,975

0

54,975