DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63156

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024 pola que se aproba a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024.

Mediante a Resolución do 23 de setembro de 2024, o director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) convocou o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio ACSUG, de conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (DOG núm. 214, do 10 de novembro).

O día 6 de novembro de 2024 publicouse a Resolución do 28 de outubro de 2024, do director do consorcio ACSUG, pola que se aproba lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo (DOG núm. 214, do 6 de novembro).

A base I.4.2 da convocatoria establece que as persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección de ACSUG, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, pola que se aprobarán as listas definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

DNI

Nome

Solicitude

Celga 4

***9511**

Sierra Sánchez, María Dolores

Admitida

Si

Segundo. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar, tras superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Terceiro. Todas as persoas aspirantes acreditaron estar en posesión do título Celga 4 ou título equivalente homologado, polo que, de conformidade co indicado nas bases, quedan exentas de realizar as probas establecidas na base II.1.1.2.

Sétimo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024

José Eduardo López Pereira
Director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia