DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63154

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se fai público o nomeamento do posto de subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural convocado pola Resolución do 24 de setembro de 2024.

Primeiro. Que, mediante a Resolución do 24 de setembro de 2024 convocouse a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. O anuncio da convocatoria publicouse no DOG núm. 190, do 2 de outubro.

Segundo. O 4.11.2024 constituíuse o tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura dun posto de persoal directivo na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, nomeado pola Resolución da Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural do 18.10.2024.

Terceiro. O 21.11.2024 o tribunal acordou conceder as seguintes puntuacións definitivas:

Fase

Puntuación máxima

Puntuación obtida

Candidata

A. Primeira fase

55

46,7

Francisca María Gago Guillán

B. Segunda fase

5

4,75

Total

60

51,45

Cuarto. Sendo Francisca María Gago Guillán a única candidata e á vista das puntuacións obtidas, o tribunal considerou a candidata apta e propúxoa para o seu nomeamento como subdirectora de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, do que deu traslado á Presidencia da Axencia para os efectos oportunos.

Quinto. Segundo o disposto no Acordo do Consello de Dirección da Axencia Galega do 21 de xuño de 2007 (DOG núm. 134, do 11 de xullo) sobre delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral, delégase na persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural o acordo e formalización dos contratos do persoal de alta dirección da axencia en relación coa función regulada no artigo 6.1.f) do Regulamento da entidade.

Así, no exercicio desta competencia resolvo esta convocatoria; sendo a persoa seleccionada para o desempeño do posto de traballo referenciado a que se expresa no anexo desta resolución.

Sexto. O vínculo formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección, ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no Decreto 11/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

A persoa titular da subdirección estará suxeita ao réxime de incompatibilidades establecido na normativa estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia respecto do persoal ao seu servizo.

Sétimo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do dia seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,ou poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente do orde xurisdicional contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

María José Gómez Rodríguez
Presidenta da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nome e apelidos: Francisca María Gago Guillán.

Denominación do posto: subdirector/a de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural.

Código: AGDR 03 00 00.

Directivo: grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Dependencia: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Localidade: Santiago de Compostela.