DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación no procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativas ao requirimento de limpeza aos titulares das parcelas que se indican a continuación, logo de resultar infrutuosas, por causas non imputables a esta Administración, a notificación a que se refire o punto 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. catastral

Titular

Acto notificado

2024/V001/000068

15009A007005850000EU

Faraldo Buyo, José

Requirimento de limpeza de parcela

2024/V001/000075

4527408NH6942N0001XZ

Outeiro Martínez, José Manuel

Requirimento de limpeza de parcela

2024/V001/000075

15009A007006000000EF

Fernández Raposo, Francisco

Requirimento de limpeza de parcela

2024/v001/000087

15009A006007990000EU

Maseda Filgueiras, Antonia

Requirimento de limpeza de parcela

2024/v001/000088

15009A008005270000EU

Salvado Blanco, Agustín

Requirimento de limpeza de parcela

2024/V001/000089

4425727NH6942N0000PB

En investigación

Requirimento de limpeza de parcela

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza da Constitución (Casa do Concello), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumpriren coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Betanzos, 7 de novembro de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa