No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 196, do 10 de outubro de 2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, en quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, unha praza de oficial/a de obras, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso-oposición. A rectificación das citadas bases publicouse no BOP núm. 206, do 24 de outubro de 2024.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.
Fene, 24 de outubro de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
