No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 227, do 25 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases que van rexer as convocatorias para prover unha praza de técnico/a de animación deportiva, unha praza de técnico/a do punto de atención á infancia (PAI) e unha praza de auxiliar do punto de atención á infancia (PAI), persoal laboral fixo, a través do proceso selectivo de concurso e en desenvolvemento da oferta de emprego público extraordinaria modificada, dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases das convocatorias.
Mañón, 26 de novembro de 2024
Alfredo Dovale Pedreira
Alcalde
