DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Neda

ANUNCIO de nulidade do Acordo plenario do 30 de xaneiro de 2023.

Faise público que o 5 de agosto de 2024, o Pleno do Concello acordou declarar a nulidade do Acordo do Pleno do 30 de xaneiro de 2023 que aprobou uns criterios de interpretación das normas subsidiarias do planeamento municipal (BOP núm. 29, do 10 de febreiro e DOG núm. 47, do 8 de marzo), logo da tramitación do correspondente procedemento de revisión de oficio.

Neda, 30 de setembro de 2024

Ángel Alvariño Saavedra
Alcalde