DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 2 de decembro de 2024 Páx. 63509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de incumprimento de deberes urbanísticos.

Faise público que pola Resolución da Alcaldía, do 30 de agosto de 2024, se acordou de conformidade con canto se dispón no artigo 26 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, declarar o incumprimento por parte de José Pulpeiro Doval Os Gallopiños, S.L., Elisa Roibás Ramil e Enrique Jesús Fernández Roibás, como co-propietarios, segundo consta nos procedementos incoados, dos deberes de conservación sobre o inmoble sinalado co número 2 da rúa Villafranca del Bierzo de Ribadeo, referencia catastral 8425209PJ5282N0001RD.

O que se fai público para que calquera persoa que teña algún dereito sobre o referido inmoble poida formular alegacións no prazo de vinte (20) días desde a data seguinte á da publicación deste anuncio no DOG.

Ribadeo, 23 de outubro de 2024

Daniel Vega Pérez
Alcalde