DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 486/2024.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 486/2024 (procedemento abreviado), interposto por Sabela Calvete Waldomar, contra a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se desestima o recurso de reposición, interposto pola recorrente, contra a Resolución do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 124, do 27 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos