DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63627

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións das Casas Novas.

Expedientes: 2024/U035/000001-2024/G006/000491.

Mediante a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o venres 18 de outubro de 2024, adoptouse, entre outros, o Acordo da aprobación inicial do Plan especial de infraestructuras e dotacións de Casas Novas.

No certificado de XGL figura a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións de Casas Novas (PEID) con entrada no Rexistro municipal o 24.7.2024 (202499900006505), asinado polo arquitecto Pablo Márquez Martínez de San Vicente, que actúa en nome da entidade Instra Ingenieros, S.L., instado por iniciativa particular, e da entidade Pontegadea España, S.L. con CIF B82707720, e que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o devandito período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello.

Terceiro. Acordar que non procede a suspensión do outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, por canto que as novas determinacións non supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos terán que ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal, entenderanse emitidos con carácter favorable.

Lexislación sectorial aplicable

Administración informante

Estradas

AXI

Estradas

Deputación da Coruña

Augas

Augas de Galicia

Electricidade

Consellería de Industria

Servidume aeronáutica

AESA

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, poderase consultar a documentación íntegra aprobada inicialmente na seguinte ligazón:

http://cloud.instraingenieros.com/d/35525de129d24b12bf69/

Réxime de recursos.

En relación co acordo adoptado pola XGL da Corporación o 18.10.2024, ten a natureza xurídica de acto administrativo de trámite non susceptible de impugnación independente, pero podería ser alegado polos interesados para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Todo isto segundo o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015 do 1 de outubro. Así mesmo, poderá presentar no período de información pública que se lle notifica mediante este anuncio as alegacións ou reclamacións que se considere pertinentes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Arteixo, 4 de novembro de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21.6.2023)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo