No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 214, do 4 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade como funcionario de carreira de tres prazas de auxiliar administrativo (C2) e dúas prazas de administrativo (C1), que figuran incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2021, 2023 e 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.
Nigrán, 6 de novembro de 2024
Juan Antonio González Pérez
Alcalde
