DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63630

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa de saneamento O Picouzo.

A Alcaldía deste concello, o 25 setembro de 2024, ditou decreto polo que se acorda a aprobación definitiva, polo procedemento de taxación conxunta, do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución das obras necesarias para dotar de rede de saneamento ao barrio O Picouzo, no concello do Porriño, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto de execución da rede de saneamento no barrio O Picouzo, para os efectos previstos polo artigo 118 da LSG.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 118.10 da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 118.11 da LSG).

Segundo. Notificar o contido desta resolución de aprobación definitiva do expediente de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, aos cales lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da recepción da notificación desta resolución. Durante este prazo de vinte días poderán os interesados manifestar, por escrito dirixido a este concello do Porriño, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 118.7 da LSG, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 118.8 da LSG.

Terceiro. Publicar esta resolución, así como o seu anexo coa relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no DOG e no taboleiro de edictos do Concello do Porriño, o que servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada esta, non se puidese efectuar. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no DOG. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta Alcaldía do Porriño no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado competente segundo o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

No suposto de que o interesado sexa unha Administración pública, no lugar do recurso de reposición, poderalle dirixir ao órgano competente no prazo de dous meses o requirimento previo previsto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo isto sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para manifestala por escrito.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a seguinte:

Nº de orde

Datos de catastro

Propietario

Superficies en m2

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Solo: 4

Servidume: 84,34

3

262

60

36039A060002620001FM

Paulino Bonavita Carrera e María del Carmen Roldán Castaño

Ocupación temporal: 232

O Porriño, 31 de outubro de 2024

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde presidente