De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Pontevedra, 15 de novembro de 2024
Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto que se notifica |
|
MAOFI001 |
35438323S |
Resolución de modificación do acordo |
|
MAOFI001 |
35391167D |
Resolución de modificación do acordo |
|
MA009 |
35413320J |
Resolución de modificación do acordo |
|
MA009 |
35194217P |
Resolución de modificación do acordo |
