DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de novembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Senra-Cardama-Vilarromarís II (Oroso-A Coruña)

DNI/Nome

Núm. de propietario

Acto notificado

76303666Q

1014

RDX 21/09/2024

76364026R

467

RDX 21/09/2024