DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/408-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución de apoios 9KBD8NLS//54-A-27 e 9K9CDWOU//54-A-27-B-1 e instalación de RC na LMTA TA2808, no concello de Outes (expediente IN407A 2023/408-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 18 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/408-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución de apoios 9KBD8NLS//54-A-27 e 9K9CDWOU//54-A-27-B-1 e instalación de RC en la LMTA TA2808

Concello: Outes.

Nº predio

Concello

Lugar

D. catastrais

Titular

Data

Hora

2

Outes

Cerzón

15063B507011360000WS

Descoñecido

12.2.2025

10.45