DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0590/2024-COP e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0590/2024-COP e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 14 de novembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0590/2024-COP

X8048873T

Inicio

Priorato, 22 C, A Modia, Cambados

PSC-PO-0594/2024-V

76968096E

Inicio

Rambla, 7, Porto do Son

PSC-PO-0658/2024-PPM

35474813G

Inicio

A Cerca, 27, Vilanova de Arousa

PSC-PO-0665/2024-V

78734552D

Inicio

Sierra Poniente, 4, Cangas

PSC-PO-0705/2024-V

78736993N

Inicio

Avenida Florida, 121, Vigo