En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: CCUU de Auga de San Cristobo.
DNI: ***9938**.
Expediente: DH.A15.88924.
Volume total anual: 2.956 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 1,6 l/s.
Orixe:
Manancial 1: X= 515.491; Y= 4.791.883; (UTM ETRS89, fuso 29).
Manancial 2: X= 515.496; Y= 4.791.886; (UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Cerqueda.
Parroquia: Cerqueda (San Cristovo).
Concello: Malpica de Bergantiños (A Coruña).
Destino: Abastecemento.
Lugar: Cerqueda.
Parroquia: Cerqueda (San Cristovo).
Concello: Malpica de Bergantiños (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
A captación realízase a través de dous mananciais próximos entre si, construídos cunha drenaxe de grava e conducidos cara a unha arqueta e posteriormente cara a un depósito de 16 m3 de capacidade. Todas as infraestruturas se sitúan na parcela 15044A501009690000WR.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 5 de novembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
