DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución de apoios 9T76STWU//1-21 na LMT CII809 e 9T7GJLOC//1-20 na LMT CII818, no concello de Cangas, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/349-4).

A instalación denominada Substitución de apoios 9T76STWU//1-21 na LMT CII809 e 9T7GJLOC//1-20 na LMT CII818 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 19 de decembro de 2024, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios, que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cangas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 6 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución apoios 1-21 na LMT CII809 e 1-20 na LMT CII818

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36008A045007190000JM

Río da Mo

Eugenio Cordeiro Iglesias

1

1,69

2

36008A045006880000JF

Campo da Fame

José Paz Martínez

2

1,44