Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: regulamentación da LMTA MOF802 no tramo entre os apoios núm. 122-67 e núm. 122-67-5 (O Saviñao).
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Substitución dos apoios de formigón núms. 122-67-4 e 122-67-5 da LMTA MOF802 a CT 27AC84 por dous apoios de celosía metálica de tipo C-A-AL-20/1000-T35- CAIII(CSIII) e C-A-AL-18/1000-T35-CAIII(CSIII) e renovación do condutor existente tipo LA-56 sobre os apoios proxectados, cunha lonxitude de 192 m. Retensado do condutor existente tipo LA-56 nos vans contiguos aos apoios proxectados.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (ronda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello do Saviñao. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/savinao4
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 11 de novembro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (Artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: regulamentación da LMTA MOF802 no tramo entre os apoios núm. 122-67 e núm. 122-67-5 (O Saviñao).
Concello: O Saviñao (Lugo).
Expediente: IN407A 2024/160-2.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio (nº) |
Apoio (m²) |
Sup. (m²) |
Voo (long.) |
Voo |
|
1 |
70 |
10 |
Matadoiro |
Prado |
Manuel Díaz López |
122-67-4 |
2 |
|||
|
2 |
69 |
250 |
Matadoiro |
Prado |
José Luis Martínez González |
122-67-5 |
2 |
