DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2024/103-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 15.7.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS, CS e CT móbil na subestación de San Cibrao.

Situación: subestación de San Cibrao, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 116.969,61 €.

Características técnicas:

• Centro de transformación móbil de tipo prefabricado compacto telecontrolado vía GSM/GPRS/FO 2L1P de 630 kVAs e r/t 20000/400 V.

• Centro de seccionamento de tipo prefabricado compacto de manobra exterior con envolvente de formigón 3L 2TC GSM/GPRS/FO+TT.

• LMTS, a 20 kV, de 28 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL(S)-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar no condutor da LMTS SCV818 existente despois de facer entrada/saída no centro de seccionamento proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de novembro de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria