Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 14 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
Anexo
Expediente: IN407A 2023/307-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: substitución do apoio 9U5RTM4C//13-1 da LMTA CBD803, LMTA cambio sección e nova LMTS CBD803.
Concello: Ribadumia.
|
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36046D507010960000PK |
Pasais-Requeixo |
Descoñecido |
4 de febreiro de 2025 |
12.00 |
|
2 |
36046D507110970000PH |
Pasais-Requeixo |
Descoñecido |
4 de febreiro de 2025 |
12.00 |
