DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63565

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2024 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de catedráticas e catedráticos de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 25 de xuño de 2024 (BOE do 2 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

17C/24

Almudena

Hospido Quintana

***0513**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Enxeñaría Química

Enxeñaría Química

Santiago de Compostela

A00794

26C/24

Melchor

Fernández Fernández

***6727**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Fundamentos da Análise Económica

Fundamentos da Análise Económica

Santiago de Compostela

A00803

27C/24

Ana Isabel

Suárez González

***5935**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Ciencias e Técnicas Historiográficas

Historia

Santiago de Compostela

A00804

35C/24

María Josefa

Lombardero Díaz

***5556**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Produción Vexetal

Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

Lugo

A00812

41C/24

Marcelino

Maneiro Maneiro

***5640**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Química Inorgánica

Química Inorgánica

Lugo

A00818

42C/24

Miguel

Vázquez López

***8951**

Catedráticas e catedráticos de universidade

Química Inorgánica

Química Inorgánica

Santiago de Compostela

A00819