De conformidade co disposto no artigo 90.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Vilalén-Tomonde, no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Cerdedo-Cotobade, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non está habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Persoas interesadas ás cales, despois de intentada
a notificación, esta non se puido efectuar
|
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
|
36011A0******0****JM |
Herdeiros de José Francisco Gamallo Añón |
|
36011A0******2****JP |
Herdeiros de José Francisco Gamallo Añón |
|
36011A0******8****JL |
Herdeiros de José Francisco Gamallo Añón |
|
36011A0******0****JM |
María del Rocío Gamallo Theodosio |
|
36011A0******2****JP |
María del Rocío Gamallo Theodosio |
|
36011A0******8****JL |
María del Rocío Gamallo Theodosio |
|
36011A0******3****JD |
Jonathan Paz Moreno |
|
36011A0******3****JD |
Nazario Paz Moreno |
|
36011A0******1****JF |
Herdeiros de Delfina Raposeiras Sieiro |
