DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 3 de decembro de 2024 Páx. 63617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2024 polo que se notifican as parcelas excluídas no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Solbeira, no concello de Paderne de Allariz (expediente PA-21-09).

De conformidade co disposto no artigo 90.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio a exclusión das parcelas do polígono agroforestal en conformidade co artigo 87.d) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, por estar parcial ou totalmente catalogadas segundo a normativa urbanística municipal como solo de núcleo rural, no expediente de revisión do parcelario e estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade das parcelas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Solbeira, no concello de Paderne de Allariz (Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no taboleiro de edictos do Concello de Paderne de Allariz, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar A Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non está habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Persoas interesadas ás cales, logo de intentada a notificación,
esta non se puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32056A0******1****BJ

Barril González, Orentino

32056A0******8****BO

Formoso Quintas, Aurelio

32056A0******7****BU

Formoso Barril, María Pilar

32056A0******6****BP

Gil Quintas, Venerando

32056A0******5****BU

Rodríguez Pérez, José Carlos

32056A0******8****BW

Romero Bilbao, Amaya

32056A0******8****BW

Romero Bilbao, Francisco Javier

32056A0******4****BS

Vila Piñeiro, José

32056A0******6****BU

Pérez Borrajo, José Manuel