DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente SPA-CO-0081/2024-CU.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser realizada no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 18 de novembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SPA-CO-0081/2024-CU.

DNI denunciado: 53189470S.

Acto de notificación: acordo de inicio.