En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Valentín Torrado Rial.
NIF: ***3431**.
Expediente: DH.V15.102862.
Lugar: Pousada.
Parroquia: O Araño.
Concello: Rianxo.
Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 153,24 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=516.519; Y=4.726.269.
Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa).
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais xeradas no baldeo das instalacións e no lavado de vehículos son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I e 3 l/s de caudal nominal; o efluente depurado vértese por infiltración no terreo mediante cinco gabias filtrantes.
Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.
Caudal máximo anual 2: 130,2 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=516.519; Y=4.726.269.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía da ría de Arousa).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais fecais xeradas no aseo e no vestiario das instalacións son tratadas nunha fosa séptica de decantación-xestión con filtro biolóxico, deseñada para catro (4)habitantes equivalentes; o efluente depurado vértese por infiltración no terreo mediante cinco gabias filtrantes.
O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela; para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2024
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa do Servizo de Xestión Ambiental das Augas
