DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para reforma interior de parcela para mellora da accesibilidade no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), A Coruña (expediente 631/2021/246).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 7 de novembro de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle para reforma interior de parcela para mellora da accesibilidade no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), A Coruña, agosto de 2024, promovido pola Consellería de Política Social, e asinado polo arquitecto José Luis Sánchez-Agustino Mariño, habilitado como colexiado número 2343 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor do documento, aos servizos e departamentos municipais interesados na tramitación do expediente, e trasladar unha copia do documento aprobado, debidamente dilixenciado, á Dirección Xeral de Aviación Civil.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área Municipal de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe planeamento/planeamento vixente; ou ben, desde a mesma páxina web, a través do visor desenvolvemento do planeamento».

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

A Coruña, 13 de novembro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño; BOP núm. 123, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado responsable da Área de Urbanismo,
Rehabilitación e Vivenda