De conformidade co disposto na base 2.7.1 da Resolución do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 22 de decembro de 2022 polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral e de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2023), para a escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia (subgrupo A1), as persoas aspirantes deberán realizar tres probas de aptitude física de carácter eliminatorio cada unha, que serán comúns para todas as escalas e especialidades vinculadas ao Servizo de Gardacostas de Galicia:
– Primeira proba: subida escala de vento. Subir e baixar 5 metros en sesenta (60) segundos os homes e noventa (90) segundos as mulleres.
– Segunda proba: carreira de 1.000 metros nun tempo máximo de seis (6) minutos para os homes e seis (6) minutos e trinta (30) segundos para as mulleres.
– Terceira proba: proba de natación. 50 metros no estilo elixido polas persoas aspirantes nun tempo máximo de noventa (90) segundos os homes e cen (100) segundos as mulleres.
O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto en cada unha das tres probas de aptitude física. Para a cualificación de apto en cada proba requírese, polo tanto, a superación da proba no tempo establecido.
Na súa virtude, na sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDA:
Primeiro. Publicar o resultado acadado na proba física desenvolta o día 24 de novembro de 2024 no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, na escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia, subgrupo A1, polo aspirante que a realizou:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Resultado da proba física |
|
***1090** |
Menéndez Rocha, Ramón José |
Apto |
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024
Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal
