DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para delimitar o solo de núcleo rural de Saa, na parroquia de Cadoalla, no concello de Becerreá (expediente 2024AAE2929).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 18 de novembro de 2024 sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para delimitar o solo de núcleo rural de Saa, na parroquia de Cadoalla, no concello de Becerreá.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2929).

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade