DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 9 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS210A LU 64633 e sete máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e en forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos ditos actos administrativos de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra dos Ancares, 68, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgaselles ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días hábiles para emendar as súas solicitudes, desde o día seguinte ao da notificación practicada por comparecencia. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 9 de outubro de 2024

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto

administrativo

LU 0000064633

Z0791672V

Requirimento de emenda da solicitude

4.12.2023

LU 0000064578

34635195R

Requirimento de emenda da solicitude

22.11.2023

LU 0000059537

76529263Y

Requirimento de emenda da solicitude

23.11.2023

LU 0000060345

34225759B

Requirimento de emenda da solicitude

16.11.2023

LU 0000048446

X8873379W

Requirimento de emenda da solicitude

15.12.2023

LU 0000062607

34143066A

Requirimento de emenda da solicitude

3.1.2024

LU 0000057562

34352459G

Requirimento de emenda da solicitude

15.2.2024

LU 0000065969

10073538K

Requirimento de emenda da solicitude

28.2.2024