En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024 (código do procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024.
A través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que, de non realizar a emenda nun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, practicada por comparecencia, teranse por desistidas da solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2024
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia
e Dinamización Demográfica
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2024-00002205 |
Z1627906V |
Requirimento emenda solicitude do 5.4.2024 |
|
BS403B-2024-00005157 |
AY082831 |
Requirimento emenda solicitude do 27.5.2024 |
|
BS403B-2024-00005295 |
54881379K |
Requirimento emenda solicitude do 30.5.2024 |
|
BS403B-2024-00006440 |
55200675P |
Requirimento emenda solicitude do 25.6.2024 |
|
BS403B-2024-00006498 |
BA446006 |
Requirimento emenda solicitude do 27.6.2024 |
|
BS403B-2024-00008924 |
BD577644 |
Requirimento emenda solicitude do 11.9.2024 |
