O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros. O artigo 23 do citado decreto prevé que a provisión de postos docentes nos centros específicos de educación e promoción de adultos se efectuará a través dun concurso de traslados específico, no cal se terá en conta, entre outros méritos, a experiencia no ensino de persoas adultas en centros EPA, así como a formación acreditada.
Por outra banda, a Orde do 2 de xuño de 2021 regula o contido, o uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
Nesta orde regúlase como se actualiza o expediente persoal e que todos os datos que consten nel se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como naqueloutros que sexan necesarios para a xestión do persoal docente.
Pola súa vez, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estableceu para os/as empregados/as públicos/as a obriga de relacionarse coas administracións públicas mediante medios electrónicos para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado/a público/a, na forma que determine regulamentariamente cada Administración. Así mesmo, a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, dota o ordenamento xurídico autonómico dunha regulación única que sistematiza nun único corpo toda a regulación relativa ás relacións dixitais ad extra e ad intra no sector público autonómico de Galicia, e promove un réxime xurídico novo na administración dixital do sector público autonómico de Galicia. Neste sentido, a Administración deberá impulsar a introdución na xestión pública de novas ferramentas, servizos e procesos de prestación da actividade para o seu persoal empregado público. Por esta razón, a convocatoria deste ano introduce a solicitude de participación neste concurso específico unicamente por medios electrónicos.
Na disposición derradeira primeira do Decreto 88/1999, do 11 de marzo, autorízase a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para ditar cantas disposicións sexan precisas para a execución e o desenvolvemento do que nel se establece.
Ao existiren vacantes nos centros de educación permanente de adultos, a Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional dispuxo convocar concurso de traslados.
Para estes efectos, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
DISPÓN:
Primeira. Obxecto
Convócase concurso de traslados específico entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir as prazas vacantes nos centros onde se imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta Administración educativa.
Segunda. Vacantes que se convocan
As vacantes que son obxecto de provisión neste concurso específico son as que se relacionan no anexo II desta orde.
Así mesmo, ofertaranse, de ser o caso, as potenciais resultas que se xeren como consecuencia da participación neste procedemento.
Terceira. Participación conxunta de persoal funcionario de distintos corpos ás mesmas vacantes
De conformidade co establecido no punto 5 da disposición adicional oitava da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 5 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario ás mesmas vacantes, sen prexuízo dos méritos específicos que lle sexan de aplicación pola súa pertenza ao mencionado corpo de catedráticos.
Cuarta. Persoal participante
Poderá participar neste concurso de traslados específico, a prazas correspondentes ás especialidades de que sexan titulares, o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres do ámbito de xestión desta Administración educativa que estea nalgunha das seguintes situacións:
a) Que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sempre que, de conformidade co establecido no punto 6 da disposición adicional sexta da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, transcorresen ao terminar este curso académico polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
b) O profesorado en expectativa de destino durante o curso 2024/25 que dependa organicamente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
c) O persoal funcionario de carreira que estea en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual ou excedencia por razón de violencia terrorista.
Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular, recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar en 31 de agosto de 2025 transcorrer un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.
d) O persoal funcionario de carreira que, desde un destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, accedeu a un posto docente no estranxeiro e que debe incorporarse obrigatoriamente a esta comunidade no próximo curso académico.
e) O persoal funcionario de carreira que estea en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, sempre que en 31 de agosto de 2025 transcorrer o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.
f) O persoal funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade, convocado pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (DOG número 32, do 14 de febreiro).
As persoas participantes no concurso por esta letra f) farano con cero puntos.
Quinta. Requisitos específicos de participación
Ademais de ser titular da especialidade das vacantes ás cales concorra, nas especialidades de Educación infantil, primaria, Ciencias sociais –Xeografía e historia– do corpo de mestres, nas de Xeografía e historia, Bioloxía e xeoloxía e en todas as especialidades do corpo de profesores de ensino secundario referentes á formación profesional específica, será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega (Celga 4), ou superar o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou ter o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen, no ano en que accederon á fase de prácticas, a proba de coñecementos de lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres, profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, ou no acceso a calquera dos corpos de catedráticos.
Sexta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e de profesores de ensino secundario e do corpo de mestres
O profesorado pertencente a estes corpos poderá solicitar unicamente as vacantes correspondentes ás especialidades de que sexa titular.
Para estes efectos, o persoal concursante deberá, na solicitude de participación, consignar os centros que solicite por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran no anexo II desta orde.
Sétima. Solicitudes, forma de participación, prazo de presentación de solicitudes e de méritos e documentación complementaria
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013D).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Aínda cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e soamente poderá obterse un único destino.
No suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo cal se participa.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, soamente se admitirá a última presentada validamente na sede electrónica da Xunta de Galicia e que se acreditará co recibo de presentación xerado polo Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
2. Documentación complementaria.
Non será necesario presentar documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico. Non obstante, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
2.1. Persoal concursante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021, pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais, que consten no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.
O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que constan no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de traslados específico. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria, así como a puntuación total e por apartados, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.
Para estes efectos, a baremación das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo III (baremo) é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada, deberá marcar a opción de «Acóllome ao baremo do último concurso en que participei», na solicitude de actualización do expediente, e non será necesario neste caso presentar esta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola cal participaron ou se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 2.2.1 desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.
De estar conforme coa puntuación outorgada, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso específico de acordo co establecido no punto primeiro desta base.
2.2. Persoal concursante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na base sétima desta orde, o persoal docente que participe no concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013D) (anexo I), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), agás no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo III (baremo).
A baremación destas epígrafes é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.
No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola cal participaron, deberán marcar a opción de «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei», na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013D), deberán presentar, tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), agás no suposto de que xa tivese presentada electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
Se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar, na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente, a opción de «Non me acollo ao baremo e quero volver alegar todo» e, ademais de xuntar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013D), deberá presentar, tamén por medios electrónicos, a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente, xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), agás no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir. Neste concreto suposto, no procedemento código ED011A deberá achegar, xunto coa solicitude, toda a documentación para a que solicita baremación relativa a estas epígrafes.
No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á antedita documentación xustificativa, deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que poden consultarse na lapela de presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos», que figura na guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento código ED011A.
2.3. Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.
A Comisión de Baremación será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.
A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso específico cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, pola Comisión de Baremación, e poderá ser consultada polo persoal concursante na lapela del baremo existente na solicitude de participación do concurso.
2.4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
2.5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
2.6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Comprobación de datos.
3.1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. Prazo de presentación de solicitudes e de méritos que serán obxecto de valoración, de ser o caso.
O prazo de presentación de solicitudes, tanto de participación como de actualización e/ou modificación do expediente, será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez rematado o dito prazo, a/as solicitude/s serán vinculantes nos seus termos para a persoa aspirante e non poderán ser obxecto de modificación.
Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2 desta base, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.
Oitava. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos que non vaian ser obxecto de publicación de conformidade co previsto nesta orde efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal
Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación realizada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Novena. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Décima. Dereito preferente a centro
Con ocasión de vacante no corpo docente polo cal se participa, terá dereito preferente para obter destino definitivo no mesmo centro en que tivese destino definitivo o profesorado que, encontrándose nalgún dos supostos que se indican, reúna as condicións establecidas nesta convocatoria, e pola orde de prelación en que neles se relacionan:
1. Por supresión da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro: ata que obteña outro destino definitivo.
2. Por modificación da praza ou posto que desempeñaba con carácter definitivo nun centro: ata que obteña outro destino definitivo.
3. Por desprazamento dos seus centros por insuficiencia total de horario ou por dispor de menos de cinco sesións lectivas da súa especialidade que poidan ser asumidas por profesorado doutro departamento: nas mesmas condicións que os titulares dos postos suprimidos.
Neste suposto está incluído o profesorado que resultou desprazado a outro centro por traslado de ensinanzas e que, durante os seis anos seguintes á realización do dito traslado, ten dereito preferente ao seu centro de orixe en calquera das especialidades de que sexa titular, conforme o establecido no artigo 10 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto.
4. Para o profesorado dos corpos de catedráticos de ensino secundario, profesores de ensino secundario por adquisición de novas especialidades, ao abeiro do disposto nos reais decretos 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro, para obter un posto da nova especialidade adquirida no centro onde tivese destino definitivo. Unha vez obtido o novo posto, só se poderá exercer este dereito con ocasión da adquisición doutra nova especialidade.
Décimo primeira. Forma de exercer o dereito preferente a centro
Para exercer o dereito preferente a centro, a interesada ou interesado deberá pór na terceira lapela da solicitude o código do centro en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma lapela marcará cun X o suposto polo que exerce este dereito e consignará, tamén na mesma lapela, no tipo de praza, a especialidade ou especialidades de que é titular ou para as cales está habilitado.
Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a centro poderá exercer na mesma solicitude o dereito preferente a localidade e poderá exercelo a zona educativa e/ou incluír outras peticións de centros ou localidades, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.
Décimo segunda. Dereito preferente a localidade ou zona educativa
Conforme o establecido no artigo 12.c) do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario que teña dereito preferente a obter destino nunha localidade ou, no caso de mestres, zona educativa determinada, se desexa facer uso deste dereito ata que alcance aquel, deberá participar en todas as convocatorias que, para estes efectos, sexan realizados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. De non participar, terase por decaído no dereito preferente.
Terá este dereito preferente, con ocasión de vacante, o persoal funcionario de carreira que se encontre nalgún dos supostos que se indican e pola orde de prelación en que estes se relacionan:
1. Por supresión ou modificación da praza ou posto de traballo que desempeñaban con carácter definitivo nun centro.
2. Por desprazamento do seu centro por insuficiencia total de horario, nas mesmas condicións que os titulares de postos suprimidos. Neste punto está incluído tamén o profesorado que estea prestando servizos no seu centro noutra especialidade por non ter ningunha hora ou menos de cinco na súa.
En todo caso, considérase profesorado desprazado por falta de horario o que, como consecuencia de traslado de ensinanzas, non puido quedar adscrito definitivamente no centro receptor, segundo dispón o artigo 7.3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polo persoal funcionario docente.
3. Por desempeñar outro posto na Administración pública, con perda da praza docente que desempeñaba con carácter definitivo, e sempre que cesase no último posto.
4. Por reincorporación á docencia en España, de conformidade cos artigos 10.6 e 14.4 do Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro, polo que se regula a Administración do Ministerio de Educación no exterior, por finalización da adscrición en postos ou prazas no exterior ou por algunha outra das causas legalmente establecidas.
5. En virtude de execución de sentenza ou resolución de recurso administrativo.
6. Os que, tras teren sido declarados xubilados por incapacidade permanente, fosen rehabilitados para o servizo activo.
Décimo terceira. Forma de exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa
O persoal docente pertencente ao corpo de mestres poderá exercer este dereito necesariamente na localidade de que dimana o dereito e poderá exercelo, igualmente, en calquera outra ou en todas as localidades do ámbito da zona. O restante profesorado poderá exercer o dereito preferente á localidade onde tivo o último destino definitivo.
Para exercer o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa, a interesada ou interesado deberá formalizar na cuarta lapela da solicitude o código da localidade e, se é o caso, da zona en que exerce o dereito preferente se se produce a vacante. Na mesma lapela marcará cun X o suposto polo que exerce este dereito e consignará, tamén na mesma lapela, no tipo de praza, a especialidade ou especialidades de que é titular ou para as cales está habilitado.
O persoal docente que exerza este dereito preferente deberá, nos recadros de centro ou localidade, especificar por orde de prioridade os códigos dos centros ou localidades en que exerce este dereito, e especificará no recadro correspondente referido a tipo de praza as siglas DPL, que significan dereito preferente a localidade. Nestes casos no tipo de praza non se porá o código da especialidade.
Sen prexuízo do anterior, o persoal que exerce o dereito preferente a localidade e/ou zona educativa poderá realizar outras peticións de centros ou localidades, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente, e que virán sempre consignadas con posterioridade ás peticións en que se exerce o dereito preferente.
Nestas peticións de carácter voluntario, no recadro «tipo de praza», especificarase o código da especialidade.
Décimo cuarta. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos
Todos os requisitos que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante terán que estar cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, agás o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán en 31 de agosto de 2025.
Non se terán en conta aqueles méritos non alegados ou os alegados que non sexan debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base sétima, así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A). Sen prexuízo do anterior, cando a documentación achegada non reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, requirirase por medios electrónicos a persoa interesada para que achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición ou non se terá en conta o mérito alegado correspondente.
Décimo quinta. Méritos para valorar
Os méritos que se deberán ter en conta neste procedemento serán os recollidos no anexo III desta orde e valoraranse con referencia ao último día de presentación de solicitudes.
Tales méritos para baremar deberán estar debidamente rexistrados no seu expediente e ser acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.
Décimo sexta. Comisión de Avaliación
Para avaliar os méritos alegados polas persoas concursantes, no que se refire ás subepígrafes 6.1 e 6.3 do anexo III da presente orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional designará a mesma comisión que resulte para o concurso de traslados convocado pola Orde do 21 de outubro de 2024.
Poderá asistir ás reunións da Comisión Avaliadora unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria, con voz e sen voto.
A Comisión de Avaliación poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.
As persoas membros da Comisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Esta comisión de avaliación terá a súa sede na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, sita na rúa Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.
A asignación de puntuación que corresponde ao persoal concursante polas restantes epígrafes do baremo de méritos realizaraa persoal destinado na Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou unha comisión constituída por persoas funcionarias destinadas na Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).
Décimo sétima. Adxudicación
O concurso resolverase primeiramente atendendo aos seguintes criterios de prioridade e, posteriormente, de xeito ordinario atendendo á maior puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo III.
1. Dereito preferente a centro.
a) O dereito preferente a centro recollido no artigo 16 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, implica, en canto á obtención de destino, unha prelación respecto aos participantes que exerzan o dereito preferente a localidade e zona educativa.
b) Entre varios dereitos preferentes ao mesmo centro a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base décima desta convocatoria.
c) Se hai dous ou máis participantes con dereito a centro que participan polo mesmo punto, a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.
d) No caso de que se produzan empates na puntuación total, utilizarase como primeiro criterio de desempate o maior tempo de servizos efectivos como funcionario de carreira no centro.
e) De resultar necesario, aplicaranse os demais criterios previstos no punto terceiro desta base.
2. Dereito preferente a localidade ou zona educativa.
Coa finalidade de establecer o dereito á reserva dunha praza da localidade ou zona educativa, establecerase a seguinte prioridade:
a) Entre varios dereitos preferentes á mesma localidade, a prelación virá determinada pola orde en que os supostos se relacionan na base décimo segunda desta convocatoria.
b) Se hai dous ou máis participantes con dereito a localidade que participan pola mesma epígrafe, a prioridade virá determinada pola maior puntuación total na aplicación do baremo de méritos.
c) No suposto de que se produzan empates no total das puntuacións, aplicaranse os criterios de desempate establecidos no punto terceiro desta base.
3. Adxudicación ordinaria.
Sen prexuízo da prioridade determinada polo exercicio dos dereitos preferentes previstos na convocatoria, o concurso resolverase atendendo á puntuación resultante da aplicación do baremo de méritos contido no anexo III.
No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos puntos do baremo, conforme a orde en que aparecen nel. De persistir o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas epígrafes pola orde, igualmente, en que aparecen no baremo. En ambos os casos, a puntuación que se tome en consideración en cada epígrafe non poderá exceder a puntuación máxima establecida para cada unha delas no baremo nin, no suposto das subepígrafes, a que corresponda como máximo á epígrafe en que se encontren incluídas. Cando, ao aplicar estes criterios, algunha ou algunhas das subepígrafes alcance ou alcancen a máxima puntuación outorgada á epígrafe a que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto das subepígrafes. De resultar necesario, empregarase como criterios de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola cal resultou seleccionado.
A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no devandito proceso.
Décimo oitava. Resolución provisional, relación provisional de persoas admitidas e excluídas, baremo e adxudicación provisional, reclamacións e renuncias
Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e recibidas na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional as actas da Comisión de Avaliación, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal) a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/das causa/s de exclusión, das puntuacións provisionais asignadas a cada unha das persoas concursantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III desta orde, e a adxudicación provisional.
As persoas aspirantes poderán presentar, por medios electrónicos, as reclamacións que coiden convenientes contra a citada resolución provisional, mediante o trámite de «alegacións» da súa solicitude de participación, activado para este efecto na Carpeta cidadá, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no portal.
Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións ás puntuacións outorgadas con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Así mesmo, no mesmo prazo de dez (10) días hábiles, poderá presentar renuncia. Esta deberá realizarse na páxina web do concurso (www.edu.xunta.gal/cxt), na lapela habilitada para estes efectos, e presentarse por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá. A renuncia afectará todas as peticións e especialidades consignadas na súa solicitude de participación.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obteñan destino na resolución provisional, xa que, de non o faceren, poderán obter destino na resolución definitiva, cos efectos previstos na base seguinte.
Décimo novena. Resolución definitiva, relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, baremo e adxudicación definitiva e recursos
Unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamacións e analizadas e resoltas as reclamacións e renuncias presentadas, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.gal) a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/das causa/s de exclusión e das puntuacións definitivas asignadas a cada unha das persoas concursantes, así como a adxudicación das vacantes ofertadas.
As prazas ás cales non se opte terán a consideración de vacantes desertas e cubriranse regulamentariamente na forma que determine a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
O prazo máximo para resolver e publicar a resolución definitiva non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
As persoas concursantes que obteñan praza neste concurso nalgunha das especialidades non relacionadas na base quinta desta orde estarán obrigadas no prazo de dous anos, contados a partir do 1 de setembro de 2025, a obter, polo menos, o certificado de lingua galega (Celga 4), agás que acrediten telo superado con anterioridade ou que posúan algunha das súas validacións ou homologacións.
Vixésima. Carácter da adxudicación e efectividade
As prazas adxudicadas con carácter definitivo neste concurso específico son irrenunciables, de maneira que as persoas seleccionadas deberán incorporarse e tomar posesión con data de efectividade do 1 de setembro de 2025 e cesarán, de ser o caso, no seu destino de procedencia o 31 de agosto.
Vixésima primeira. Participación simultánea no concurso xeral de traslados ou outros sistemas de provisión definitiva no curso 2024/25
O profesorado que obteña destino definitivo para o curso 2025/26 nesta convocatoria non poderá obter destino no concurso xeral de traslados nin noutros que convoque a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e, para estes efectos, serán excluídos da participación dos procedementos de provisión definitiva convocados este curso académico 2024/25.
Vixésima segunda. Actividades que deberá realizar o persoal adxudicatario
O persoal concursante que obteña destino definitivo en virtude deste concurso específico deberá realizar as actividades propias da educación de persoas adultas, incluídas as ensinanzas recollidas no número 2 do artigo 5 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo, e a atención ás ensinanzas nos centros penitenciarios, do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, e 157/2022, do 15 de setembro.
Así mesmo, impartirán as ensinanzas do ámbito de coñecemento atribuídas á súa especialidade, conforme o anexo III da Orde do 20 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Vixésima terceira. Reingreso ao servizo activo
O profesorado excedente que reingrese ao servizo activo como consecuencia do concurso presentará, ante o departamento territorial de que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados, a declaración responsable de que non está separado de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas, así como o certificado negativo de antecedentes penais por delitos sexuais.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Execución
Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para aplicar e desenvolver esta orde.
Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO II
Vacantes
|
Código e denominación do centro
|
Corpo e especialidade
|
Nº de vacantes
|
|
15025621. Epapu Eduardo Pondal-A Coruña
|
590001 Filosofía
590003 Latín
590006 Matemáticas
590019 Tecnoloxía
590061 Economía
|
1
1
1
1
1
|
|
15025751. Epapu Santa María de Caranza-Ferrol
|
590001 Filosofía
590003 Latín
590004 Lingua castelá e literatura
590005 Xeografía e historia
590053 Lingua e literatura galega
|
1
1
1
2
1
|
|
15021482. IES San Clemente-Santiago de Compostela
|
590005 Xeografía e historia
590006 Matemáticas
590008 Bioloxía e xeoloxía
590009 Debuxo
|
1
1
1
1
|
|
15032650. Epapu de Teixeiro-Curtis
|
590006 Matemáticas
|
1
|
|
27020811. Epapu de Bonxe-Outeiro de Rei
|
597038 Educación primaria
590008 Bioloxía e xeoloxía
590011 Inglés
|
1
1
1
|
|
27020823. Epapu de Monterroso
|
597038 Educación primaria
|
2
|
|
27601509. Epapu de Albeiros-Lugo
|
597038 Educación primaria
590001 Filosofía
590003 Latín
590008 Bioloxía e xeoloxía
590015 Portugués
590053 Lingua e literatura galega
|
1
1
1
1
1
2
|
|
32015581. Epapu de Ourense
|
590006 Matemáticas
590007 Física e química
590008 Bioloxía e xeoloxía
590011 Inglés
|
1
1
1
1
|
|
32020771. Epapu do Pereiro de Aguiar
|
590053 Lingua e literatura galega
|
1
|
|
36018872. Epapu Río Lérez-Pontevedra
|
590005 Xeografía e historia
590008 Bioloxía e xeoloxía
590011 Inglés
|
1
1
1
|
|
36018884. Epapu Berbés-Vigo
|
597038 Educación primaria
590001 Filosofía
590004 Lingua castelá e literatura
590005 Xeografía e historia
590008 Bioloxía e xeoloxía
590053 Lingua e literatura galega
590018 Orientación educativa
|
1
1
1
1
1
1
1
|
|
36024720. Epapu Nelson Mandela-A Lama
|
590005 Xeografía e historia
590053 Lingua e literatura galega
|
1
1
|
ANEXO III
Baremo
|
Méritos
|
Valoración
|
Documentos xustificativos (1)
|
|
1. Antigüidade:
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.1. Antigüidade no centro:
1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que concursa.
Para os efectos desta subepígrafe, unicamente serán computables os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.
|
|
|
Polo primeiro e segundo anos:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
|
4,0000 puntos por ano
|
|
Polo terceiro ano:
A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.
|
6,0000 puntos por ano
|
|
Polo cuarto ano e seguintes:
A fracción de ano computarase a razón de 0,6666 puntos por cada mes completo.
|
8,0000
puntos por ano
|
|
Para a valoración da subepígrafe 1.1.1 teranse en conta as seguintes situacións:
– Considérase como centro desde o que se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza a persoa aspirante con destino definitivo, ou no que se estea adscrito, sempre que esta situación implique a perda do seu destino docente, e serán unicamente computables por esta subepígrafe os servizos prestados como persoal funcionario de carreira no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.
– Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación desta subepígrafe virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na devandita adscrición. Seguirase este mesmo criterio cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa, sempre que o nomeamento supuxese a perda do seu destino docente.
– Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o que se participa o destino adxudicado en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente con posterioridade en calquera outro centro.
– Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimírselle a praza ou posto que se viña desempeñando con carácter definitivo, por perder o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase como centro desde o que se participa o último adxudicado con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente con posterioridade en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último adxudicado con carácter definitivo. Se é o caso, a devandita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lle foron suprimidos.
– No suposto de que non se desempeñase outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste; neste caso a puntuación que se outorgará axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2 do baremo.
– O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación ás persoas que participen no concurso por perder o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.
– Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse como servizos prestados no centro desde o que se concursa os servizos que se acrediten no centro en que se lle suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio será aplicado a aquelas persoas que obtivesen o primeiro destino tras perder o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa.
|
|
1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente á subepígrafe 1.1.1 sumaráselle a obtida por esta subepígrafe. Unha vez obtido un novo destino non poderá acumularse esta puntuación.
|
4,0000
puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en praza, posto ou centro nunha situación de destino definitivo, destino provisional ou comisión de servizo sempre que, no momento en que se prestaron os servizos, o centro teña a cualificación de especial dificultade (véxase disposición complementaria segunda).
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polas subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.
Non obstante, non se computará para estes efectos o tempo que se permanecese fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos que non impliquen prestación efectiva de servizos no centro educativo.
Unha vez obtido un destino definitivo, só será baremable por esta subepígrafe a nova puntuación que se poida acreditar por aqueles servizos que se presten tras a obtención dese destino.
|
4,0000
puntos por
ano
|
– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro ten esa cualificación ou
– Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na devandita praza, posto ou centro, coa especificación de que teñen a cualificación de especial dificultade.
|
|
1.2. Antigüidade no corpo:
|
|
1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.
Para os efectos desta subepígrafe, terán a mesma valoración os servizos efectivos prestados en calquera das especialidades pertencentes ao mesmo corpo a que pertence a vacante, con independencia do corpo en que se prestasen.
|
2,0000
puntos por ano
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
|
1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000
puntos por ano
|
|
1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior:
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.
|
0,7500
puntos por ano
|
|
– Nos supostos recollidos na epígrafe 1.1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade no centro valoraráselle os servizos prestados como persoal funcionario de carreira dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario de carreira dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes aplicadas e de oficios artísticos.
– Nos supostos recollidos na epígrafe 1.2, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade no corpo, valoraránselle os servizos prestados como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario de carreira dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes aplicadas e de oficios artísticos.
– Nos supostos recollidos nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo, ao profesorado integrado no corpo de profesores de ensino secundario procedente do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, que concurse a prazas dese corpo de profesores de ensino secundario computaránselle os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores de ensino secundario.
– No caso dos profesores e profesoras integrados no corpo de profesores de ensino secundario procedentes do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que concursen a prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, computaránselles nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo aqueles servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, así como os prestados desde a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponde a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
– Nos supostos recollidos nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo, aos profesores e profesoras pertencentes ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que concursen a prazas do corpo de profesores de ensino secundario computaránselles os servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores de ensino secundario.
– No caso dos profesores e profesoras pertencentes ao corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que concursen a prazas do corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, computaránselles, nas epígrafes 1.1 e 1.2 do baremo, aqueles servizos prestados no corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional considerándoos como prestados no mesmo corpo a que corresponda a vacante ou vacantes solicitadas, sempre que sexan servizos prestados en especialidades actualmente pertencentes ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional.
|
|
– Os servizos aludidos nas subepígrafes 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que foron simultáneos entre si ou cos servizos das subepígrafes 1.1.1 ou 1.1.2.
– Para os efectos das subepígrafes 1.1.1, 1.1.2, 1.2.1, 1.2.2 e 1.2.3, serán computados os servizos que se prestaron en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nas epígrafes previstas no artigo 87 do TRLEBEP, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente, será computado, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 do citado TRLEBEP, que non poderá exceder os tres anos.
|
|
2. Pertenza aos corpos de catedráticos:
Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño.
|
5,0000
puntos
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.
|
|
3. Méritos académicos:
Para os efectos da súa valoración por esta epígrafe, unicamente se terán en conta os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español (véxase disposición complementaria terceira).
|
Máximo
10 puntos
|
|
|
3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios:
|
|
3.1.1. Por cada título de doutoramento:
|
6,0000
puntos
|
Título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título, ou certificado supletorio da titulación, expedidos de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 para a aplicación dos reais decretos 185/1985, do 23 de xaneiro, e 1496/1987, do 6 de novembro, en materia de expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 13 de xullo), na Orde ECI/2514/2007, do 13 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais de máster e doutor (BOE do 21 de agosto), ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).
|
|
3.1.2. Por cada título oficial de máster universitario ou en ensinanzas artísticas distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixisen, polo menos, 60 créditos:
Naqueles supostos en que o título oficial de máster universitario ou en ensinanzas artísticas constitúa un requisito establecido para o ingreso na función pública docente no corpo correspondente, o devandito título non será valorado.
Este mérito non se valorará cando fose alegado o título de doutor ou doutora, salvo que se acredite que non foi utilizado como requisito de acceso ao doutoramento.
|
3,0000
puntos
|
|
3.1.3. Por cada recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.
Non se valorará este mérito cando os devanditos títulos fosen utilizados para a obtención do título de doutor que se alegue.
|
2,0000
puntos
|
Certificado-diploma correspondente.
|
|
3.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das ensinanzas artísticas superiores, por obter un premio extraordinario no grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios e escolas que impartan ensinanzas artísticas superiores, pola mención honorífica no grao superior.
|
1,0000
punto
|
Documentación xustificativa deste.
|
|
3.2. Outras titulacións de nivel superior:
As titulacións universitarias ou de ensinanzas artísticas superiores de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o que se participa, valoraranse da forma seguinte:
|
|
3.2.1. Titulacións de grao:
Por cada título oficial de grao universitario ou de grao en ensinanzas artísticas superiores, distintos do exixido con carácter xeral para o ingreso do corpo:
Cando a obtención do título de grao se realice a través doutras titulacións universitarias ou de ensinanzas artísticas superiores, das que derive que non se cursou a totalidade das ensinanzas que conformen o correspondente título, valorarase con 2,500 puntos.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
5,0000
puntos
|
A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos da subepígrafe 3.1.1.
|
|
3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:
Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por esta subepígrafe, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que fose necesario superar para obter o primeiro título de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.
|
3,0000
puntos
|
Todos os títulos que se posúan ou certificado do pagamento dos dereitos de expedición expedidos de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).
Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos ou ciclos.
|
|
3.2.3. Titulacións de segundo ciclo:
Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciaturas, enxeñarías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes:
No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por esta subepígrafe, en ningún caso, os estudos desta natureza que fose necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo, ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para obter o primeiro título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura ou grao que se presente, con independencia de que se ingresase no corpo a través dunha titulación declarada como equivalente para os efectos de docencia.
As titulacións de só segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciatura unicamente se valorarán como un segundo ciclo.
Non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
|
3,0000
puntos
|
|
3.3. Titulacións oficiais de ensinanzas de formación profesional, das ensinanzas profesionais artísticas, deportivas e das ensinanzas de idiomas:
As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e escolas de arte, así como as de formación profesional, no caso de que non fosen as exixidas como requisito para o ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non foron necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:
|
|
Para valorar os certificados das escolas oficiais de idiomas e título profesional de música ou danza:
Título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do devandito título ou certificación acreditativa de que se superaron os estudos conducentes á súa obtención.
Para valorar as titulacións da letra e) deberá presentarase certificación académica en que conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes á obtención dos devanditos títulos.
|
|
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
|
4,0000
puntos
|
|
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
|
3,0000
puntos
|
|
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
|
2,0000
puntos
|
|
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
|
1,0000
punto
|
|
Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente a persoa participante por cada idioma.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste punto ou no punto 5, valoraranse por unha soa vez nunha ou noutra epígrafe. Así mesmo, cando se presenten nesas epígrafes, para a súa valoración, varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nunha das epígrafes, que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
|
e) Por cada título de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente:
|
2,0000
puntos
|
|
f) Por cada título profesional de música ou danza:
|
2,0000
puntos
|
|
4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións (véxase disposición complementaria cuarta).
|
Máximo
30 puntos
|
|
|
4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura españolas:
A fracción de ano computarase a razón de 0,3750 puntos por cada mes completo.
|
4,5000
puntos
|
Folla de servizos, expedida pola Administración educativa competente, en que consten as tomas de posesión e cesamentos nas devanditas funcións, ou nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento, ou se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no cargo.
|
|
4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes:
A fracción de ano computarase a razón de 0,2500 puntos por cada mes completo.
|
3,0000
puntos
|
|
4.3. Cargos de coordinación docente, función titorial e figuras análogas:
|
Máximo 10 puntos
|
|
|
Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, asesor/a Amtega, asesor/a Ciedix, asesor/a CGIFP, coordinador/a de centro plurilingüe, coordinador/a de sección bilingüe, coordinador/a de auxiliares de conversa, responsable/coordinador/a do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinador/a da dinamización das TIC, responsable/coordinador/a de biblioteca, responsable/coordinador/a da convivencia escolar, responsable de dinamización da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinador/a do equipo de dinamización da lingua galega, coordinador/a de formación en centros de traballo, coordinador/a do bacharelato internacional, coordinador/a de emprendemento, coordinador/a do equipo de dinamización do Plan dixital de centro, coordinador/a de benestar e convivencia, coordinador/a de programas internacionais, coordinador/a de innovación e formación do profesorado, coordinador/a de biblioteca de centro integrado, coordinador/a de residencia, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor Abalar, asesor/a Siega, asesor/a da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000
puntos
|
Folla de servizos, expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nas devanditas funcións, ou nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento, ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa desempeñando a función docente.
|
|
Polas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 valorarase o seu desempeño como persoal funcionario. No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que poida resultar máis vantaxoso para o persoal concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos devanditos cargos como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.
|
|
5. Formación e perfeccionamento:
|
Máximo
15 puntos
|
|
|
5.1. Actividades de formación superadas:
Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, ás prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
Puntuaranse con 0,1000 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades, e non se puntuará o resto do numero de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata 9,0000
puntos
|
Certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicadas na epígrafe 5.1.
Puntuarase con 0,1000 puntos por cada 3 horas de actividade de formación acreditadas. Para estes efectos, sumaranse as horas de todas as actividades, e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.
|
Ata 3,0000 puntos
|
Certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase, ademais, acreditar de forma fidedigna o recoñecemento ou homologación das ditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
5.3. Por cada especialidade da que sexa titular, correspondente ao corpo polo cal se concursa, e distinta á de ingreso neste, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades, previsto no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro.
(Para os efectos desta epígrafe, no caso dos corpos de catedráticos valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).
|
1,0000
punto
|
Credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.
|
|
5.4. Os certificados de acreditación da competencia dixital que sexan emitidos polas distintas administracións educativas valoraranse da seguinte forma:
|
Máximo 3 puntos
|
Documento acreditativo emitido pola Administración educativa competente.
|
|
a) Pola acreditación dun nivel A1 de competencia dixital
b) Pola acreditación dun nivel A2 de competencia dixital
c) Pola acreditación dun nivel B1 de competencia dixital
d) Pola acreditación dun nivel B2 de competencia dixital
e) Pola acreditación dun nivel C1 de competencia dixital
f) Pola acreditación dun nivel C2 de competencia dixital
Cando se acrediten distintos niveis de competencia dixital docente, só se considerará a acreditación de nivel superior que presente a persoa participante.
|
0,5000 punto
1,0000 punto
1,5000 puntos
2,0000 puntos
2,5000 puntos
3,0000 puntos
|
|
5.5. Aqueles certificados de coñecemento dunha lingua estranxeira que acrediten a competencia lingüística nun idioma estranxeiro, segundo a clasificación do Marco común europeo de referencia para as linguas, valoraranse da seguinte forma:
a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:
b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:
c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:
d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:
Valoraranse por esta epígrafe os certificados de coñecemento de idiomas estranxeiros admitidos por ACLES (Asociación de Centros de Linguas de Educación Superior), conforme a táboa de certificados que estea vixente no momento de finalización do prazo de presentación de instancias.
Cando se presenten para a súa valoración neste punto varios certificados acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado por idioma, que se corresponderá co de nivel superior.
Os certificados de coñecemento dun idioma estranxeiro, acreditados de acordo co disposto neste punto ou no punto 3, valoraranse por unha soa vez nunha ou noutra epígrafe. Así mesmo, cando se presenten nesas epígrafes para a súa valoración varios certificados dos diferentes niveis acreditativos da competencia lingüística nun mesmo idioma, valorarase un só certificado nunha das epígrafes, que se corresponderá con aquel que acredite un nivel superior de coñecemento dese idioma.
|
4,0000 puntos
3,0000 puntos
2,0000 puntos
1,0000 punto
|
Título correspondente co certificado de acreditación dunha lingua estranxeira clasificado polo Marco común europeo de referencia para as linguas.
|
|
6. Outros méritos:
|
Máximo
15 puntos
|
|
|
6.1. Publicacións:
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor/a sexa o seu editor ou editora.
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados nesta epígrafe coas exixencias que así se indican.
Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:
a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor …….....………………........….. ata 1,000 punto
– Coautor ………….....................….... ata 0,5000 puntos
– 3 autores ………..................…….… ata 0,4000 puntos
– 4 autores …….…............................. ata 0,3000 puntos
– 5 autores ………….…...................... ata 0,2000 puntos
– Máis de 5 autores ….........................ata 0,1000 puntos.
b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
– Autor ………………….............…...... ata 0,2000 puntos
– Coautor …………………................... ata 0,1000 puntos
– 3 ou máis autores ….................….... ata 0,0500 puntos
|
Ata 8,0000 puntos
|
– No caso de libros, a seguinte documentación: * A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
– En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas ou privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).
– No suposto de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.
- En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas ou privadas) que non se difundisen en establecementos comerciais: o certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).
– No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
|
|
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas administracións educativas das comunidades autónomas.
Pola participación en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación.
|
Ata 2,5000 puntos
|
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación, expedida pola Administración educativa correspondente.
|
|
6.3. Méritos artísticos, deportivos e literarios:
– Por premios en exposicións, concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional.
– Por espectáculos teatrais ou circenses, composicións ou coreografías estreadas como autor ou gravacións con depósito legal.
– Por actuacións e concertos como director/a, actor ou actriz, intérprete, bailarín/a ou solista en orquestras ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos…).
– Por exposicións individuais ou colectivas.
– Por participar en institucións ou campañas de ámbito nacional ou internacional como conservador– restaurador de bens culturais.
– Por posuír ou ter posuído a condición de deportista de alto nivel…………….. 1,0000 punto
– Por posuír ou ter posuído a condición de deportista de alto rendemento......... 0,5000 puntos
|
Ata 2,5000 puntos
|
– No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.
– No caso dos espectáculos teatrais ou circenses, composicións e coreografías: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta.
– No caso das gravacións: o certificado ou o documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.
– No caso das actuacións e concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización da actuación ou do concerto e a participación como persoa directora, actor ou actriz, intérprete, bailarín/a ou músico/a solista ou solista con orquestra/grupo.
– No caso de exposicións: os programas onde conste a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora.
– Para acreditar a participación no ámbito da conservación e a restauración: o certificado da entidade organizadora onde figure a participación como conservador/a– restaurador/a.
– Para acreditar a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento: certificado emitido polo Consello Superior de Deportes.
|
|
6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo cal participa.
A fracción de ano computarase a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.
|
1,5000
puntos
|
Nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se continúa no posto.
|
|
6.5. Por cada convocatoria en que se actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE.
Por esta epígrafe unicamente se valorará ter formado parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo).
|
0,5000
puntos
|
Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos.
|
|
6.6. Por cada curso de titorización das prácticas do título universitario oficial de máster ou, se é o caso, da formación equivalente regulada pola Orde EDU/2645/2011, do 23 de setembro (BOE do 5 de outubro), para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titorización das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran.
Por cada curso de titorización da fase de prácticas daquelas persoas aspirantes que resulten seleccionadas por superar as fases de oposición e concurso dos procedementos selectivos de ingreso, cando a dita fase de prácticas se realizou a partir do curso académico 2023/24, incluído.
|
0,1000
puntos
0,2000
puntos
|
Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, da dirección do centro público docente en que se realizou a titorización, con indicación do curso académico e duración das prácticas.
|
|
7. Méritos específicos:
|
Valoración
|
Documentos xustificativos
|
|
7.1. Por cada curso superado que teña por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos da educación permanente de persoas adultas: 0,20 puntos por cada 10 horas organizadas polo ministerio competente en materia de educación, as administracións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen ánimo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.
|
|
Certificado destas pola entidade organizadora no cal conste, de modo expreso, o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase ademais acreditar, de maneira que faga fe, o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente ou certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.
|
|
7.2. Por cada ano de experiencia na ensinanza de persoas adultas en centros específicos de EPA, IES San Clemente, Ingabad, Cegebad e as súas extensións: 4,0000 puntos por ano.
A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.
|
|
Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
|
Disposición complementaria primeira
Os méritos alegados polas persoas participantes teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos perfeccionados e acreditados ata a finalización deste.
Disposición complementaria segunda. Antigüidade
Procederá asignarlles puntuación pola subepígrafe 1.1.3 ás persoas participantes no concurso que se encontren nas seguintes situacións:
a) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.1 con destino definitivo na praza, posto ou centro de especial dificultade.
b) As persoas que participen no concurso conforme a subepígrafe 1.1.2 e que, durante o tempo de provisionalidade, estivesen nunha praza, posto ou centro de especial dificultade.
c) As persoas participantes das subepígrafes 1.1.1 e 1.1.2 que teñan concedida unha comisión de servizos noutra praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.
Disposición complementaria terceira. Méritos académicos
1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberán presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.
2. Nas subepígrafes do epígrafe 3.1 valoraranse todos os títulos que se acheguen conforme os criterios que se establecen neles.
Non se baremará pola subepígrafe 3.1.2 ningún título de máster que a normativa estableza como un requisito para o ingreso á función pública docente no corpo correspondente.
Así mesmo, para os efectos da subepígrafe 3.1.2, cando se alegue o título de doutor/a non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento.
3. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación. Para a valoración da epígrafe 3.2 non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións ou especialidades que se asenten nunha mesma titulación.
4. Cando os títulos se obtivesen no estranxeiro ou se expedisen por institucións docentes doutros países, deberá achegarse, ademais, a correspondente homologación ou declaración de equivalencia.
No caso de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, deberán aterse ao Real decreto 104/1988, do 29 de xaneiro, sobre homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitaria, e demais normativa concordante e de desenvolvemento.
5. Non se baremarán polas epígrafes 3.1 e 3.2 as ensinanzas propias universitarias (títulos propios) que se expidan conforme o artigo 36 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e os estudos universitarios propios que sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.
6. Na epígrafe 3.2 non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.
Disposición complementaria cuarta. Valoración dos cargos directivos e outras funcións
1. Para os efectos previstos nas epígrafes 4.1, 4.2 e 4.3 do baremo de méritos, consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Institutos de bacharelato.
– Institutos de formación profesional.
– Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros aos cales se refiren estas epígrafes.
– Centros de ensinanzas integradas.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:
– Conservatorios superiores de música ou danza.
– Conservatorios profesionais de música ou danza.
– Conservatorios elementais de música.
– Escolas superiores de artes dramáticas.
– Escola superior de canto.
Para estes mesmos efectos, considéranse centros públicos asimilados ás escolas de artes plásticas e deseño os seguintes:
– Escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.
– Escolas de arte.
– Escolas de arte e superiores de deseño.
– Escolas superiores de deseño.
– Escolas de restauración e conservación de bens culturais.
2. Para os efectos previstos na epígrafe 4.2 do baremo de méritos, consideraranse como cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:
– Secretario/a adxunto/a.
– Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.
– Xefe/a de estudos adxunto/a.
– Xefe/a de residencia.
– Delegado/a ou xefe/a de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.
– Director/a-xefe/a de estudos de sección delegada.
– Director/a de sección filial.
– Director/a de centro oficial de padroado de ensino medio.
– Administrador/a en centros de formación profesional.
– Profesor/a delegado/a no caso da sección de formación profesional.
Disposición complementaria quinta
Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables pola epígrafe 5.1 deste anexo. Non se valorarán as validacións cando de forma simultánea se acredite a realización dos correspondentes cursos. Ao mesmo tempo, puntuaranse por esta epígrafe 5.1 os cursos de especialización de lingua galega.
Disposición complementaria sexta
O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude e o nivel B2, das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuaranse na epígrafe 3.3 como nivel B2.
O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental e o nivel intermedio B1 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, puntuaranse na epígrafe 3.3 como nivel B1.
Disposición complementaria sétima
En relación coa puntuación das epígrafes 6.1 e 6.3, non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola Comisión de Baremación do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.
Disposición complementaria oitava
As actividades realizadas a partir do 23 de maio de 2013, relacionadas na Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado, para que sexan baremables no concurso de traslados deberán estar debidamente rexistradas no Rexistro Xeral das Actividades de Formación do Profesorado.
Disposición complementaria novena
As actividades de formación que se valoran pola epígrafe 7.1 non se baremarán na subepígrafe 5.1.
Porén, a baremación dos anos de experiencia da epígrafe 7.2. son compatibles coa súa valoración no punto 1.
Disposición complementaria décima
Para os efectos de desempate, a puntuación outorgada ao persoal que accedeu por concurso de méritos será a que lle correspondería proporcionalmente se o baremo deste concurso tivese unha puntuación máxima de 10 puntos.
Disposición complementaria décimo primeira. Criterios de valoración das epígrafes 6.1, 6.2 e 6.3 do concurso de traslados
6.1. Publicacións: ata 8 puntos.
Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, o ISSN ou ISMN, e carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor/a sexa o seu editor ou editora.
Non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, máster ou doutoramento, edicións de centros docentes e de formación do profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión.
Con carácter xeral, valoraranse exemplares publicados por unha empresa editorial ou organismos de prestixio que aseguren a aplicación de filtros de calidade.
Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións.
Puntuación específica que se poderá asignar aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Recensións e colaboracións en revistas, libros, etc., así como a impresión de folletos, programas, etc.:
1 autor ou colaborador
2 autores ou colaboradores
Máis de 2 autores ou colaboradores
|
0,025
0,0125
0,00625
|
|
Tradución dunha revista:
1 autor
2 autores
Máis de 2 autores
|
0,1
0,05
0,025
|
|
Tradución ou ilustración dun libro:
1 tradutor ou ilustrador
2 tradutores ou ilustradores
3 tradutores ou ilustradores
4 tradutores ou ilustradores
5 tradutores ou ilustradores
Máis de 5 de tradutores
|
0,5
0,25
0,166
0,125
0,1
0,05
|
|
Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
1 autor
2 autores
3 ou máis autores
|
0,2
0,1
0,05
|
|
Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):
1 autor
2 autores
3 autores
4 autores
5 autores
Máis de 5 autores
|
1
0,5
0,4
0,3
0,2
0,1
|
Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos, coas exixencias que así se indican a seguir:
– No caso de libros, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada do libro, o certificado da editorial onde conste o título do libro, as persoas autoras, o ISBN, o depósito legal e a data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.
En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas ou privadas) que non se difundiron en librarías comerciais: a portada e a contraportada do libro, o título do libro, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).
Para o caso de que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado terán que xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.
– No caso de revistas, a seguinte documentación:
* A portada e a contraportada da revista, o certificado en que conste o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, o título da publicación, as persoas autoras, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.
En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas ou privadas) que non se difundiron en establecementos comerciais: certificado onde conste o título da revista, as persoas autoras, a data da primeira edición, o número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).
No caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicarase a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.
6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación ou pola participación nestes proxectos: ata 2,5 puntos.
Neste epígrafe non se valorarán as actividades convocadas pola universidade.
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Puntuación
|
1
|
0,75
|
0,5
|
0,25
|
A participación nun proxecto de investigación ou innovación valorarase con 0,15 puntos.
No caso de premios compartidos, dividirase entre o número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios e actividades deberanse presentar os documentos xustificativos, coas exixencias que así se indican a seguir:
A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes, expedida polas entidades convocantes, ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente (non por centros docentes).
6.3. Méritos artísticos e literarios: ata 2,5 puntos.
– Por premios en exposicións, en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Con carácter xeral, non se valorarán os premios convocados en ámbitos restrinxidos.
* Por premios en concursos ou en certames literarios de ámbito autonómico, nacional ou internacional:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Puntuación
|
1
|
0,75
|
0,5
|
0,25
|
No caso de premios compartidos, dividirase entre o número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
* Por premios en exposicións, en concursos ou en certames artísticos:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Premios
|
1º
|
2º
|
3º
|
Accésit
|
|
Internacionais
|
1,5
|
1
|
0,5
|
0,25
|
|
Nacionais
|
1
|
0,75
|
0,4
|
0,2
|
|
Autonómicos
|
0,5
|
0,25
|
0,10
|
0,05
|
|
Locais
|
0,25
|
0,15
|
0,05
|
0,025
|
No caso de premios compartidos, dividirase entre o número de premiados (se non aparece no documento dividirase, polo menos, entre catro).
Para a valoración destes premios artísticos e literarios deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que así se indican a seguir:
Certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.
– Por composición estreada como autor ou gravacións con depósito legal:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Composicións ou gravacións:
1 autor
coautor
3 autores
4 autores
5 autores
Máis de 5 autores
|
1
0,5
0,4
0,3
0,2
0,1
|
|
Gravacións:
1 intérprete
2 intérpretes
3 intérpretes
4 intérpretes
5 intérpretes
Máis de 5 intérpretes
|
0,5
0,25
0,166
0,125
0,1
0,05
|
Cando unha obra é puntuada como composición non pode ser valorada como gravación. Si é compatible a puntuación de intérprete e autor.
Para a valoración destas composicións e gravacións deberanse presentar os documentos xustificativos coas exixencias que así se indican a seguir:
No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora e o depósito legal desta. As alegacións valoradas por esta epígrafe non se terán en conta na epígrafe 6.1.
No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.
– Concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos...).
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
A/B/C
|
Director/a,
solista,
compositor/a.
Protagonista
|
Participante en grupos de cámara ou similar
(< 15 compoñentes).
Actor/actriz secundario/a
|
Integrante de orquestras, bandas, coros, non de cámara.
Actor/actriz de repartición/figuración
|
|
Repertorio sinfónico: coro, orquestra, banda.
Obra de teatro de gran formato, zarzuela (<1,5 h de duración)
|
1/0,5/0,25
|
0,5/0,25/0,1
|
0,25/0,1/0,05
|
|
Outros xéneros:
(flamenco, jazz, etc.)
Pezas breves (0,5 - 1 h)
|
0,5 /0,25/0,1
|
0,25/0,1/0,05
|
0,1/0,05/0,025
|
|
Música lixeira, rock, etc.
Lectura dramatizada, recital de poemas, etc.
|
0,25/0,1/0,05
|
0,1/0,05/0,025
|
0,05/0,025/0,01
|
A. Primeira categoría: concerto de importancia internacional.
B. Segunda categoría: importancia nacional.
C. Terceira categoría: importancia autonómica.
A puntuación dividirase entre o número de directores e solistas.
Para a valoración destes concertos ou obras deberanse presentar os documentos xustificativos, coas exixencias que así se indican a seguir:
No caso de concertos: programas onde conste a participación da persoa interesada e a certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo.
No caso das obras: programas onde conste a participación da persoa interesada e a certificación da entidade organizadora onde conste a realización da obra e a participación como protagonista, actor/actriz secundario/a ou actor/actriz de repartición/figuración.
– Por exposicións individuais ou colectivas:
Puntuación específica que se asignará aos méritos baremables por esta epígrafe:
|
Exposición individual: 2,5 puntos
|
|
Exposición de obra seleccionada en concursos (certificación):
|
|
– Internacionais:
– Nacionais:
– Autonómicas:
|
0,5
0,25
0,125
|
|
Esta puntuación é incompatible con premios en exposicións.
|
|
Exposición colectiva: =0,5/número de artistas
|
Mínimo: 0,025
|
Para a valoración destas exposicións deberanse presentar os documentos xustificativos, coas exixencias que así se indican a seguir:
Programas onde conste a participación da persoa interesada e a certificación da entidade organizadora (museos, fundacións, administracións). Nos concursos, o certificado onde se especifique a concesión deste.