DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC, no concello de Oia, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/157-4).

A instalación denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do Departamento Territorial de Pontevedra do 23 de outubro de 2024, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 16 de xaneiro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Oia.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 12 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución apoio e ITC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml aérea

m2 aérea

ml sub.

m2 sub.

1

36036A008001330000QK

As Cambas

María Domínguez Cuevas

CT

14,96

1,73

3,41

2

36036A008001340000QR

As Cambas

José Arriscado Aguado
Olimpia Fernández Aguado

CT

14,96

1,73

3,62

3

36036A008000990000QO

As Cambas

Elia Rodríguez González

2,13

3,76

4

36036A011007020000QT

Galgueiro

Cayetano Miniño Rodríguez

2,81

1,89

5

36036A011007010000QL

Galgueiro

Alejandro Rodríguez Rodríguez

26,53

24,85

6

36036A011000030000QO

Muro

Josefina Pérez Domínguez

7,38

3,81

7

36036A011000040000QK

Calqueiros

José Granja Rodríguez
María Granja Rodríguez

12

1,44

59,70

106,14