DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución do apoio A1N09JMV//12 e instalación de telecontrolador na LMTA LOZ803B no concello de Poio, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/395-4).

A instalación denominada substitución apoio A1N09JMV//12 e instalación telecontrolador na LMTA LOZ803B foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 24 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 17 de xaneiro de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Poio.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 12 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Substitución apoio e instalación telecontrolador LMTA LOZ803B

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

1

36041A043001970000OK

Augas de Trigo

Descoñecido

1

2