Expediente: IN407A 2024/275-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Substitución CT polígono Milladoiro, 9 (15CNN5).
Concello: Ames.
Feitos:
1. O día 3.9.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, por mor da fin da vida útil do centro de transformación CT polígono Milladoiro, 9 (15CNN5) de 400 kVA de potencia, conectado coas liñas de distribución LMT SNT829 (IN407A 2016/2383-1) e SNT832 (IN407A 2016/2384-1), procedentes da Subestación Santiago, emprazado na rúa Hedras, concello de Ames, proxéctase a súa substitución, así como a retirada do centro de seccionamento CS seccionamento polígono Milladoiro, 9 (15CNU5), por un novo centro de transformación tipo compacto prefabricado de 400 kVA.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Substitución CT polígono Milladoiro, 9 (15CNN5), asinado o día 14.8.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico co número de colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Ames. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 7.11.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación.
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Hedras, concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:
– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, coa orixe no empalme proxectado na LMT SNT829 (IN407A 2016/2383-1), procendente da Subestación Santiago, e remate no CTC proxectado.
– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 15 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, coa orixe no empalme proxectado no tramo da LMT SNT829 (IN407A 2016/2383-1), que se dirixe ao CT Pardiñeiros,13 (15SCZF), e remate no CTC proxectado.
– Novo CT polígono Milladoiro, 9, prefabricado de superficie telecontrolado con manobra interior, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 3L+1P. Desmantelamento do CT polígono Milladoiro, 9 (15CNN5) de 400 kVA e CS seccionamento polígono Milladoiro, 9 (15CNU5) existentes.
– Reconexión ao CTC proxectado do tramo da LMT SNT832 (IN407A 2016/2384-1) que está conectado actualmente ás instalacións que se van desmantelar.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 13 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
