DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 63909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2024/306-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Titular: A Lomba Proyecto y Obras, S.L. (B94189453).

Domicilio social: praza da Citara, nº 3, 36004 Pontevedra.

Denominación: proxecto LMTS-CT (630 kVAS) e RBTS.

Situación: rúa da Cruxa, Milladoiro, Ames (A Coruña).

Características técnicas:

Instalación de alta tensión:

– Liña de alta tensión soterrada RHZ1-2OL 12/20 kV-Al, 2×(3×240) mm² con orixe e final en empalmes a realizar en liña de distribución SNT840 entre os CT 15CJU7 e a sub. Santiago e entrada/saída no CT proxectado, cunha lonxitude de 168 m.

– Centro de transformación en local de obra civil cunha cela compacta SF6 (2L1P) formada por 2 celas de liña, 1 cela de protección con fusibles (24 kV, 400A, 16 kA) e transformador trifásico somerxido en aceite mineral, refrixeración ONAN de 630 kVA e relación de transformación 20/0,42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña