DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 64076

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Loureza-Oia

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Elías Puertas Pregal, con DNI ***8588**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Loureza-Oia, pola presente convoco o vindeiro día 15 de decembro de 2024, na Abadía de Loureza (Oia), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Presentación de orzamentos e aprobación se procede.

3. Obras que se van realizar a curto prazo.

4. Autorización á Xunta Directiva á xestión de axudas e subvencións dos distintos organismos púbicos.

5. Revisión do prezo das cotas da comunidade.

6. Rogos e preguntas.

Oia, 11 de novembro de 2024

Elías Puertas Pregal
Presidente da Comunidade de Usuarios de Loureza-Oia