DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 64075

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección dunha praza de persoal.

A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dun técnico de actividades científico-técnicas.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 27 de novembro de 2024

Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico
del Mar-Fundación Cetmar