DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 4 de decembro de 2024 Páx. 64074

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a provisión de prazas incluídas na oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 230, do 28 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover en propiedade as prazas vacantes deste concello, coas seguintes características:

a) Grupo V de persoal laboral. Denominación: operario. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: concurso-oposición en quenda libre.

a) Grupo V de persoal laboral. Denominación: operario almacenista. Número de vacantes: 1.

Sistema selectivo: concurso-oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación dos anuncios das convocatorias no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Sada, 28 de novembro de 2024

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde