DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 18 de novembro de 2024, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 3 de outubro de 2024 (expediente LU-S-12/2024).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-12/2024, así como do acordo de revogación, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo), no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida ao día seguinte do vencemento do prazo.

Lugo, 18 de novembro de 2024

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente

LU-S-12/2024

Denunciado

35623245V

Establecemento

Jet Set

Enderezo

Rúa Zepellín, 1, baixo

Localidade

Burela

Precepto infrinxido

Artigo 35.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Tipificación da infracción

Artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Cualificación

Leve

Iniciación

16 de xullo de 2024

Sanción

Multa de trescentos euros (300 €)