DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de novembro de 2024, polo que se aproba definitivamente o proxecto de trazado autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01.2 (segundo treito do proxecto de actualización do proxecto de construción autovía AG-59, treito A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01).

Antecedentes:

Con data do 18 de novembro de 2020 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 233 o Anuncio do 10 de novembro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental e a separata do proxecto de construción denominado actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo referido proxecto.

Con data do 9 de agosto de 2022 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 151 o Anuncio do 26 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto actualización do proxecto de construción da autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841 (GA/18/104.01), nos concellos de Teo (A Coruña) e A Estrada (Pontevedra) (expediente 2022/0075).

O 7 de decembro de 2022 o Consello da Xunta de Galicia acorda aprobar o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas do trazado da actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841; e definitivamente, o proxecto de trazado do primeiro treito da actualización do proxecto de construción: autovía AG-59 A Ramallosa-enlace PO-841. Treito: A Ramallosa-enlace AC-241. Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas, do 12 de decembro de 2022, publícase o dito Acordo no Diario Oficial de Galicia núm. 2, do 3 de xaneiro de 2023.

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de novembro de 2024, polo que se aproba definitivamente o proxecto de trazado autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01.2 (segundo treito do proxecto de actualización do proxecto de construción autovía AG-59. Treito: A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01), que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderá formular un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, poida formular un recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración para a interposición do recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/ ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de novembro de 2024,
polo que se aproba definitivamente o proxecto de trazado autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01.2 (segundo treito do proxecto de actualización do proxecto de construción autovía AG-59.
Treito: A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01)

Aprobar definitivamente o proxecto de trazado autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01.2 (segundo treito do proxecto de actualización do proxecto de construción autovía AG-59. Treito: A Ramallosa-enlace PO-841, de clave GA/18/104.01).

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos da Estrada e Teo, no que se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación o revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, de 28 de xuño.